Fai uns anos, os profesores/as mais innovadores tiñan a súa propia páxina web para publicar artículos e enlaces sobre a súa disciplina; mais recentemente fisoxe popular o uso de blogs nas aulas, xa que permite sen demasiadas complicacións ter a información actualizada. Nalgúns casos agora, estánse impoñendo nas escolas as wiki. Sobre todo se non só queremos compartir o acceso a unha información, senon tamén a posibilidade de actualizala e correxila, unha wiki é o sistema mais apropiado. O servizo mais coñecido,Wikispaces, permite páxinas públicas, protexidas (non editables), ou só accesibles para membros autorizados da comunidade.
Desta maneira, a wiki é unha ferramenta para cooperación entre o profesorado dunha escola, pero tamén pode servir para que o alumnado colabore no traballo dunha materia. As intervencións e modificacións rexistranse e quedan visibles, así que existe pouco risco de bromas ou outros tipos de abuso.
The Innovative Educator publica, en inglés, unha serie de suxerencias para o uso de wikis:
1. Taboeiro de anuncios diarios da escola.
2. Publicación central de todas as actas de reunións dos diferentes equipos, para que o progreso de diferentes proxectos quede visible.
3. Cooperación interdepartamental en documentos e proxectos para a escola.
4. Formación de profesorado.
5. Salvar árbores colgando os documentos importantes pero de uso pouco frecuente na wiki (manuais, guías, artículos etc.);
7. Publicación de horarios, ausencias, baixas, para que todo o mundo sexa fácil de localizar.
8. Compartir material entre profesorado da mesma materia.
Para mais información, ver tamén Wikispaces xa está en español e a introducción en Slideshare polo autor de Aulawiki21: Por Jeroen Oskam., Imagen: Innove