No rincón didáctico da Xunta de Extremadura colgaron unha interesante colección de recursos educativos interactivos para o uso do encerado dixital. Esta ferramenta está ocupando un papel importante entre os recursos dispoñibles nos centros; o seu uso comenza a ser xeneralizado.
Con este recurso, cuxo autor é José González Prieto, do C.P. Anejas de León, dispoñeremos de numerosos materiais que abarcan as diferentes áreas educativas tanto de Primaria como de Infantil.
Deixovos o enlace, esperando que os sexan de utilidade.