lunes, 7 de febrero de 2011

EXPERIENCIAS EDUCATIVAS CON LIP DUB

A primeira vez que vin unha experiencia con esta ferramenta, ensinouma un compañeiro e pareceume unha experiencia educativa diferente. Tratase dun vídeo no que soa unha canción de fondo e os actores moven os labios como se fora un playback, nel participan moitas persoas, nalgunhas experiencias toda a comunidade educativa.
Este formato ten moito éxito en internet e nos xóvenes xa que os converte en protagonistas. O traballo require dunha grande coordinación e esixe un traballo colaborativo, como podedes ver no seguinte vídeo do Colexio María Rosa Alonso.