Mostrando entradas con la etiqueta ABALAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ABALAR. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de julio de 2011

AULA ABERTA ABALAR


Aula Aberta Abalar

edu.xunta.es
Un novo servizo da Consellería de Educación para apoiar o emprego das TIC nas aulas.
“Con este novo servizo, preténdese ofrecer unha aula aberta a disposición de todos os usuarios interesados no emprego das novas tecnoloxías”.
Clicando na seguinte imaxe ingresamos na Aula Virtual:
Aula Aberta Abalar

jueves, 2 de diciembre de 2010

NAVEGA CON RUMBO



O día 21 de decembro ás 18:00, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, impartirá unha conferencia no CPI de Panxón dentro do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe tamén unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais dunha web específica.


Enlace as guias

miércoles, 1 de diciembre de 2010

O Proxecto Abalar



O fin máximo de Abalar é a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia de xeito que permitan un cambio na metodoloxía didáctica actual, mediante o emprego de novos modelos didácticos que melloren o proceso de ensino-aprendizaxe.