lunes, 6 de diciembre de 2010

TECNOLOXÍA E METODOLOXÍA



O que está claro é que o vídeo representa unha realidade moi común nas nosas aulas. E oo que está mais claro aínda, é que a escola de hoxe está pedindo a berros un CAMBIO, e sobre todo aos NENOS/as DE HOXE, non se lles pode ensinar igual que fai 50 anos.
Os libros de texto quédanse curtos, o encerado e a exposición oral do mestre/a pódenos servir como punto de partida, pero nunha sociedade na que a información está a golpe de tecla, ¡¡e en qué cantidades!! esta metodoloxía non é suficiente.

Nos tempos que corren non podemos darlle a espalda á tecnoloxía, é responsabilidade nosa como profesionais da educación, acercar ao noso alumnado a esta nova cultura do aprendizaxe, onde as tecnoloxías da información e a comunicación son unha ferramenta que nos abre ao mundo, pero debemos saber cómo aprender delas, como dice Pozo
:

"a cultura do aprendizaxe dirixida a reproducir saberes previamente establecidos debe dar paso a unha cultura da comprensión, do análise crítico, da reflexión sobre o que facemos e creemos e non so do consumo mediado e acelerado pola tecnoloxía, de crenzas e maneiras de facer fabricados fora de nos. Requírese un esforzo para dar sentido ou integrar algúns deses saberes parciais que inevitablemente nos conforman, de maneira que ao repensalos, poidamos reconstruílos, e darlles unha nova forma ou estrutura.


Pozo Municio, Ignacio: “Aprendices y maestros” pag.49. Alianza editorial, Madrid 2000.