jueves, 2 de diciembre de 2010

NAVEGA CON RUMBO



O día 21 de decembro ás 18:00, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, impartirá unha conferencia no CPI de Panxón dentro do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe tamén unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais dunha web específica.


Enlace as guias