lunes, 16 de mayo de 2011

DIPITY E JAYCUT


  • Manual de Dipity: Dipity é unha aplicación 2.0 que permite crear líñas temporais ou cronolóxicas enriquecidas con imáxes, vídeos e textos directamente na web. Dende o punto de vista didáctico, esta actividade convertese en moi atractiva pois pódese fomentar o traballo colaborativo do alumnado, ao traballar todos sobre unha mesma liña de tempo. Ademais permite compartir o traballo a través das redes sociais ou embebelo nun blog. 
  • Manual de Jaycut: Jaycut é un potente editor de vídeo na nube. Para poder traballar con esta aplicación o único que necesitamos é rexistrarnos na súa web. Unha vez rexistrados, podemos usar todo o seu potencial que permite cortar esceas, modificalas, insertar transicións, textos, imaxes... En definitiva, todas as opcións dispoñibles en calquera programa editor de vídeo, anque coa vantaxe de non ter que instalar nada nos nosos equipos. Unha vez terminada a edición podemos publicar o vídeo resultante directamente en Youtube ou na nosa conta de Jaycut.