Moitos docentes pasamos horas creando material que inclue capturas de pantallas. Vou a intentar explicar estas cousas básicas que necesitanse saber para poder incluir unha imaxe nun material educativo, espero que sexa útil.
Primeiro: Capturar a pantalla
Tanto se usas Windows como se usas Ubuntu, podés pulsar a tecla Impr Pant (imprimir pantalla) para “sacar unha foto” da pantalla. En Windows esa información quedará no portapapeis, e basta con ir a Gimp e poñer Pegar (menú Editar ou CTRL+V) para vela e editala. En Ubuntu ao pulsar Impr Pant ofrecenos gardar un arquivo ou ter a imaxe na memoria como en Windows. Se eliximos a primeira opción abrimos o arquivo en Gimp para continuar.
Segundo: Recortar a imaxe
Para recortar a imaxe conservando a parte que nos interesa, usamos a ferramenta de selección rectangular (o primeiro icono), facemos un rectángulo seleccionando a zona a recortar, e usamos o menú Imaxen, opción Recortar á selección.
Terceiro: Sinalar algún detalle
Para sinalar o que queremos amosar cun círculo vermello, por exemplo, trazamos unha selección coa forma que queremos debuxar. Despois, eliximos a cor e usamos Editar, Trazar selección.
Para sinalar o que queremos amosar cun círculo vermello, por exemplo, trazamos unha selección coa forma que queremos debuxar. Despois, eliximos a cor e usamos Editar, Trazar selección.
Cuarto: Difuminar detalles que non queremos amosar
É típico estar facendo algunha captura de pantalla ou mostrando unha foto onde non nos gusta o que se ve no fondo. Para iso podemos usar os filtros de Gimp: pixelizar, desenfoque de movemento, etc. Seleccionamos a parte da imaxe que imos a difuminar, e usamos o menú Filtros, Difuminar, Pixelizar.
Este é o resultado: