domingo, 13 de marzo de 2011

PARA VIAXAR SEN MOVERTE DO SOFÁ


Hoxe escoitamos falar destas dúas páxinas e fomos axiña coñecelas. Teñen, como comprobaredes, unha finalidade fundamentalmente turística pero a nós poden facernos moitos servizos. Son http://www.descubregalicia.com/ e http://www.virtualplanet360.com/Unha delas serve para viaxar por algunhas vilas galegas (de momento 59 pero están en aumento) e a outra por vilas do mundo (de momento 39 de Europa e América do Sur). Pode resultar moi útil para ver e facer como que paseamos por cidades que non coñecemos e que, por algunha razón entran nas currículas, ou para ver algunha igrexa por dentro (asunto que lle gustará ó nosos amigo Antonio), ou o Museo de Ferrari en Maranello, ou para prácticar idiomas (están en galego, inglés, francés e castelán)...Están creadas por unha empresa de Pontevedra: Factoría Digital á que felicitamos desde aquí. E agora, ¿queredes facer unha visita a Vigo, Pontemaceira, a Moaña, a Viveiro...? Pois, adiante!!!